
11/06/2021 - 30/11/2021
Mellora do desempeño dos labores do fogar en persoas con enfermidade mental grave e prolongada
O proxecto consiste en ensinar a persoas con enfermidade mental grave e prolongada a desenvolverse con perfecta destreza e autonomía na organización e execución das tarefas de fogar a partir dos coñecementos teórico-prácticos en materia de alimentación, limpeza e lavandería mediante a súa participación en obradoiros prácticos e sinxelos.
PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES SOCIAIS PARA PROXECTOS DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS 2021
COFINANCIADO POR
Nos países desenvolvidos, entre os que se inclúe España, a prevalencia anual das enfermidades mentais oscila arredor do 20% da poboación. As consecuencias derivadas destas enfermidades limitan o desempeño persoal, familiar, laboral e social, sobre todo naquelas persoas que sofren de enfermidade mental grave e prolongada, colectivo ao que se dirixe este proxecto.
Centrarémonos nas dificultades que se presentan neste tipo de pacientes para a organización dunha parte importante do desempeño persoal, as labores do fogar. A correcta execución das actividades relacionadas coa alimentación, lavandaría e/ou limpeza do fogar é básica e necesaria para que as persoas poidan vivir de forma independente e con maior calidade de vida. Existen moitos casos de persoas con enfermidade mental grave e prolongada no concello de Ourense, onde levaremos a cabo o proxecto, que viven sós, en pisos tutelados ou ancorados nun centro residencial, que non teñen os coñecementos necesarios, o interese e/ou as habilidades e destrezas que lle permitan realizar con éxito estas tarefas.
Numerosos estudos de investigación corroboran que a combinación dun tratamento psicofarmacolóxico correcto cunha maior capacidade das persoas para levar a cabo actividades da vida diaria, mellora a frustración asociada á enfermidade e aumenta o apoderamento persoal necesario para que as persoas se sintan protagonistas e donos das súas propias vidas.



